29 de novembro de 2022

Novo martes de xadrez

Hoxe é martes e temos un novo "Martes de Xadrez" no Centro Comercial Los Rosales

28 de novembro de 2022

XI Torneo de Nadal

O sábado 10 de nadal celebraremos a undécima edición do noso Torneo de Xadrez. Tras dous anos marcados pola COVID pretendemos neste nadal recuperar a normalidade.

Tras a primeira edición no Playa Club como unha iniciativa de varios clubes, e as dúas seguintes no MUNCYT repetimos de novo na que ven sendo a nosa casa dende hai xa 8 anos, no Centro Comercial Los Rosales, onde os xogadores de calquera idade poderán disputar as partidas deste torneo grazas ao apoio para as actividades de xadrez da SCD Palaestra.

Toda a información aparece no cartel que acompaña esta nova.

Nome do Torneo: XI TORNEO DE NADAL

Data: 10 de decembro de 2022.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 11,30.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 20 minutos a finish.

Horario das roldas: 11,30 / 12,15 / 13,00 / 17,00 / 17,45 / 18,30.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

En cada categoría:
1º Clasificado: Trofeo.
2º Clasificado: Trofeo.
3º Clasificado: Trofeo.

Todos os participantes recibirán unha medalla.

Cota: Gratuito.
De xeito voluntario os participantes poden colaborar entregando comida para causa benéfica.



Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME

Hai un límite de participantes de 60 xogadores.

17 de novembro de 2022

Cuarto Torneo

O xogador do club Xadrez das Mariñas, Juan Pedro Martínez Nalda gañou de novo no torneo dos Martes de Xadrez que celebramos no Centro Comercial Los Rosales co apoio da Deputación da Coruña

10 de novembro de 2022

Terceiro Torneo dos martes

O xogador do Xadrez das Mariñas, Juan Pedro Martínez Nalda venceu no terceiro dos torneos dos Martes de Xadrez que se veñen celebrando no Centro Comercial Los Rosales.

Lembra que é unha actividade de balde grazas ao apoio do dito centro Comercial e da Deputación da Coruña.