4 de xaneiro de 2013

Circuito de Naipes

Poñemos hoxe en marcha un Circuito de Naipes.

Serán seis torneos de distintos xogos de naipes, todos individuais, distribuídos un por mes, e dacordo con este calendario:

Xaneiro: Tute Cabrón
Febreiro: Brisca
Marzo: Chinchón
Abril: Ouros
Maio: Escoba
Xuño: Non Grato (o único non tradicional).

Características:
Pode participar quen o desexe. Hai una pequena cota de 1 euro, como donativo á asociación.
O gañador recibirá unha camisola de Palaestra como agasallo.
O ranking do circuito farase como é costume, sumando o campión de cada torneo tantos puntos como xogadores o disputasen, o segundo os mesmos menos un, o terceiro os mesmos meos dous e asi sucesivamente.
Os tres primeiros no circuito recibirán un Trofeo acreditativo.
Por cada dous torneos disputados os xogadores recibirán un bolígrafo de Palaestra como agasallo.