5 de abril de 2021

ADESTRAMENTOS ABRIL E MAIO

Para as actividades de xadrez no CC Los Rosales, recuperamos este luns o martes a Héctor Rodríguez, que se encargará das maiorías das clases.

Estas son as nosas propostas:

ADESTRAMENTOS 

Obrigatorio ser socio de Palaestra. 
Pago único e até 31/08/2021: 10 euros. 
Cada anotado recibe:
* Camiseta de Palaestra (Con motivos de xadrez para os menores de 16).
* Máscara hixiénica de Palaestra con motivo de xadrez.
* Libro de xadrez con mates básicos.

Obrigatorio contar coa ficha federativa. 
Será obrigatorio contar con ficha na Federación Galega de Xadrez.
Recomendámos federarte no CIDU www.xadrezuniversitario.org
Tes a opción de anotarte para xogar a liga (custo anual 25€) ou so para estas actividades co custo de 12€ (3€ até 14 anos).

Actividade presencial proposta para marzo
Grupos máximo de 6. Mínimo de 4 persoas. No Centro Comercial Los Rosales.
Grupo A: Luns de 18,15 a 19,45. (5, 12, 19 e 26 de abril e 3, 10, 24 e 31 de maio).
Grupo B: Martes de 16,00 a 17,30 (6, 13, 20 e 27 de abril e 4, 11, 18 e 25 de maio).
Grupo C: Mércores de 18,30 a 20,00. (7, 14, 21 e 28 de abril e 5, 12, 19 e 26 de maio).
Cota mensual por grupo: 20 euros.
Outros Grupos: Durante abril e maio realizaremos mais grupos dos que iremos informando neste espazo. 

Actividade presencial - Actuación COVID.
É obrigatorio o uso da máscara (preferentemente FFP2).
Cada xogador terá un taboleiro. En caso de partidas xogarase a dobre taboleiro. 

Os interesados deben anotarse no formulario e facer os pagos oportunos na conta que se comunique por whatsapp.


Ningún comentario:

Publicar un comentario