28 de febreiro de 2021

ADESTRAMENTOS MARZO 2021

ADESTRAMENTOS 

Obrigatorio ser socio de Palaestra. 
Pago único e até 31/08/2021: 10 euros. 
Cada anotado recibe:
* Camiseta de Palaestra (Con motivos de xadrez para os menores de 16).
* Máscara hixiénica de Palaestra con motivo de xadrez.
* Libro de xadrez con mates básicos.

Obrigatorio contar coa ficha federativa. 
Será obrigatorio contar con ficha na Federación Galega de Xadrez.
Recomendámos federarte no CIDU www.xadrezuniversitario.org
Tes a opción de anotarte para xogar a liga (custo anual 25€) ou so para estas actividades co custo de 12€ (3€ até 14 anos).

Actividade presencial proposta para marzo
Grupos máximo de 8. Mínimo de 5 persoas. No Centro Comercial Los Rosales.
Grupo A: Luns de 18,15 a 19,45. (1, 8, 15 e 22 de marzo).
Grupo B: Martes de 16,00 a 17,30 (2, 9, 16 e 23 de marzo). 
Grupo C: Mércores de 18,30 a 20,00. (3, 10, 17 e 24 de marzo).
Cota mensual por grupo: 20 euros.

Actividade presencial - Actuación COVID.
É obrigatorio o uso da máscara (preferentemente FFP2).
Cada xogador terá un taboleiro. En caso de partidas xogarase a dobre taboleiro. 

Os interesados deben anotarse no formulario e facer os pagos oportunos na conta que se comunique por whatsapp.